Coñece os Paradores mellor valorados polos hóspedes. Calidade,luxo e profesionalidade únense para crear estes hoteis.
1Parador de Santiago de Compostela
O antigo hospital de peregrinos construído en 1499 é hoxe un hotel exclusivo situado no centro da cidade colindando coa histórica catedral. Moi valorado polos seus espazos amplos, as súas vistas, a súa ubicación e a inmellorable amabilidade do persoal.
2Parador de Plasencia
Próximo á Catedral de Cáceres e á Praza Maior atópase este luxoso hotel que resalta a historia dun antigo convento do século XV. A profesionalidade do seu persoal, a dedicación pola comodidade do hóspede e as súas instalacións amplas fan del un lugar con encanto.
3Parador de la Granja
Este antigo palacio de Carlos III permitirache penetrar no estilo do século XVIII. coas súas representativas decoracións invita a gozar das súas amplas instalacións, dun centro de benestar e spa, dunha restauración especializada en pratos casteláns e dunha coidada amabilidade.
4Parador de Monforte de Lemos
Un convento da época neoclásica que na actualidade ofrece estancias confortables para relaxarse sexa nas súas zonas de lecer, benestar ou restauración. A amplitude, o luxo e a luminosidade resaltan en cada recuncho deste precioso hotel.
5Parador de Ronda
A súa ubicación no centro da cidade, no alto dun acantilado, permite aos seus hóspedes contemplar impresionantes vistas sobre o "Tajo de Ronda" gozando no momento de servizos de calidade que conseguen garantir a excelencia do aloxado.
6Parador de Chinchón
Sobre os cimentos dun antigo mosteiro agustino do século XVII e próximo á praza maior localízase este magnifico parador, un lugar emblematico no que todas as súas instalacións e servizos reflicten tranquilidade e relaxación para así gozar dunha agradable estancia.
7Parador de Cruz de Tejada
O paraiso natural que rodea a este parador así como as súas inmellorables vistas a Macizo Central fan deste lugar un sitio aconsellable para relaxarse e desconectar, ademais os seus servizos de benestar e spa farán que a túa estancia sexa aínda máis excepcional.
8Parador de Alarcón
Unha fortaleza da idade media reconvertida nun luxoso hotel rodeado de auténtica natureza e esplendor, situado nun dos pobos máis bonitos de España recoñecido como conxunto histórico artístico.

