Non hai mellor que sentirse relaxado e despexado de corpo e mente, por iso traémosvos 5 dos mellores balnearios-spa de Galicia para que poidades facer unha escapadas que vos permita recargar toda a enerxía esgotada ao longo do verán.
1Hotel Carlos I Silgar
Situado no corazón das Rias Baixas, a 2 minutos camiñando da praia principal de Sanxenxo, a Praia de Silgar. Entre as súas instalacións ofrece unha restauración elegante e coidada, un bar na azotea ofrecendo a oportunidade de tomar algo coas mellores vistas, servizos de spa, un ximnasio, dúas piscinas e pistas de tenis.
2Hotel A Quinta da Auga Relais&Châteaux
Este antigo edificio do século XVIII situado a beiras do rio Sar e rodeado de natureza é hoxe un luxoso hotel que ofrece aos seus hóspedes elegantes e amplas habitacións e suites, instalacións e servizos de Spa e sauna e unha piscina recubierta de cristal, un sitio único para coñecer Santiago de Compostela.
3Gran Hotel Spa&Boutique Nagari
Un hotel boutique inspirador e vanguardista no que gozar da elegancia e comodidade das súas instalacións entre as que destacan servizos de spa formados por baño de illamento sensorial, 2 jacuzzis e unha impresionante piscina na azotea con circuíto de chorros desde a que gozar de vistas privilexiadas.
4Talaso Atlántico
Nunha contorna de mar e montaña entre o Baixo Miño e Val Miñor sitúase este hotel con gran recoñecemento, constitúe o primeiro centro de talasoterapia nas Rias Baixas ofrecendo os seus hóspedes elegantes habitacións e servizos de benestar e relax, conta con zona de spa, piscina, jacuzzi , sauna, masaxes e tratamentos.
5Hotel Augusta Spa Resort
Resort de estilo contemporaneo situado na bonita localidade de Sanxenxo, a súa proximidade á praia, as súas amplas e modernas habitacións e suites, as súas instalacións de spa, jacuzzi, piscinas cubertas e exteriores fan do un lugar con encanto no que se coida a Saúde, Beleza e Benestar do hóspede a través das mellores técnicas de relajación corporal.