h Voltar ao blog

30 días online

≈ 2011-11-04

Pois iso, que cumprimos 30 días online e estamos encantados, traballando arreo para incorporar novidades nas vindeiras semanas.

Nestas semanas trouxémosvos ofertas de casas rurais, escapadas en barco, restaurantes, SPAs, ofertas para o coidado do corpo, e moitos plans máis… Cada día traballamos para redescubrirvos novos lugares, e para que poidades aproveitar ao máximo o voso tempo de lecer.

Pero o caso é que nos encantan as celebracións, así que para celebrar estes primeiros 30 días argallamos un sorteo no que xa estás tardando en participar:

Sorteo de un Circuito Spa Peregrino en «Espagat Complejo de Salud» para 2 persoas

O circuíto inclúe:

+ Piscinas de masaxes con chorros de tratamentos en zonas específicas, un jacuzzi con camas de masaxe, piscina vitalidade, baño turco, sauna finlandesa, terma romana, pediluvio, duchas de contrastes, duchas de esencias.

+ Zona de relaxación onde se recibe unha masaxe podal ou craneal e un refrixerio.

+ Acceso ao Stellaris, zona de mármores quentes con tratamento de musicoterapia que axuda a superar momentos de esgotamento físico e psíquico.

Poderás apuntarte ata o 15 de Decembro e o sorteo realizarase o 21 de Decembro.

Podes ler as bases completas na páxina do sorteo.