h Voltar ao blog

Proxecto solidario

≈ 2012-03-02

Hoxe, 2 de marzo, saen os participantes de Panda Raid á aventura. Panda Raid é unha competición solidaria que xa vai pola súa cuarta edición, onde os participantes percorren a xeografía de Marruecos en diferentes etapas divididas en 8 días.

Dous aventureros solidarios galegos, Mario e Agustín, participan nesta aventura, que ten como finalidade escolarizar ao maior número de nenos, entregando como mínimo 20kg de material escolar na poboación de Errachidia. Un total de 12 escolas e aproximadamente 2.200 alumnos veranse beneficiados.

Buydeal quixo apoiar esta causa abrindo unha canle de doazón para Mario e Agustín, onde os nosos usuarios colaboraron. As doazóns íntegras xa están nas súas mans, e xa foron destinadas en mercar material escolar!

Grazas pola vosa colaboración!