Altavela

Altavela

Altavela, Escola de Navegación, atópase situada no Norte de Galicia, provincia da Coruña, no Porto Deportivo de Sada. O seu ámbito xeral de actuación son as Rías Altas Galegas, aínda que non existen limitacións de navegación por outras rías. A filosofía de Altavela é a navegación en todos os seus aspectos; tratando de ensinar e transmitir todas esas sensacións e valores que proporciona a navegación a vela e vida a bordo. As posibilidades que Altavela ofrece con respecto á navegación son amplas; Desde a Escola de Vela de Crucero, Escola Homologada pola Xunta de Galicia para a obtención de titulacións náuticas, Chárter, Excursións polas rías, traslado de embarcacións, etc; e sempre intentando ofrecer a maior calidade e o mellor trato aos nosos clientes. A posibilidade do turismo náutico en Galicia é amplo e factible. Alugar unha embarcación con patrón experimentado e coñecedor de todos os pobos e posibilidades que as rías ofrecen é unha experiencia inesquecible. A pesca, a gastronomía, as súas praias e a súa paisaxe fan que as súas vacacións con Altavela sexan diferentes e interesantes.

Ubicación

Altavela
Sada
[email protected] Tlf: 981-622 260 http://www.altavela.com

como chegar?

Apúntate ao noso servizo de notificacións [1] e recibe os novos plans no teu enderezo electrónico (máximo 1 mensaxe ao día).