Xa tes unha conta en Buydeal? Inicia sesión ou Crea unha conta
Tes plan para hoxe?
Gústache o viño? Pois xa tes plan para o 19 e 20 de xullo! Pasa unha fin de semana divertida coñecendo A Guarda e os seus arredores, á vez que visitas a Festa do Viño do Rosal.
A zona ofrece praias de augas doces e saladas, historia, muiños restaurados, restos históricos, espectaculares vistas da desembocadura do Miño e… moi bo viño! Apúntate esta fin de semana na que poderás probar o viño de O Rosal na Festa que lle dá nome.
O val de O Rosal atópase limítrofe coa Vila da Guarda. Ao penetrarnos no seu interior descubrimos verdes paisaxes cheas de viñedos onde se cultiva a uva da Denominación de Orixe de O Rosal, unha das pertencentes á Denominación de Orixe Rías Baixas.
O Hotel Vila da Guarda preparouche un plan irrechazable que inclúe:
+ 1 noite de aloxamento en habitación dobre.
+ Almorzo buffet, que destaca polos seus zumes naturais e bizcochos caseiros.
+ Botella de viño do Rosal.
+ 2 Copas da Feira do Viño do Rosal.
Para a túa comodidade, hai organizado un servizo de Autobuses cada 30 minutos desde A Guarda para que che esquezas o coche e poidas visitar a feira con toda tranquilidade.
Apúntate a esta fin de semana inesquecible!
C/Tomiño 8-Calle Pontevedra 4
CP:36780 Tlf:986-611121
www.hotelviladaguarda.com
como chegar?
perfil do establecemento
Apúntate ao noso servizo de notificacións [1] e recibe os novos plans no teu enderezo electrónico (máximo 1 mensaxe ao día).
Apúntate ao noso servizo de notificacións e recibe os novos plans no teu enderezo electrónico (máximo 1 mensaxe ao día).