E ti, tes plan para hoxe?

≈ faiXdias 3 meses and 0.14285714285714 semanas

Inauguramos proxecto, blog e quen sabe se algún cambio no teu xeito de planificar o tempo de lecer e redescubrir a túa cidade.

Comezábamos esta andaina fai meses, e case sen decatarnos, ímonos achegando á data do lanzamento público, polo que queremos aproveitar este primeiro artigo para facer a presentación de Buydeal.

Que é Buydeal?

Buydeal é unha plataforma local de compra colectiva pensada para promocionar o comercio galego de proximidade.

Ofrecémosche tódalas posibilidades para que lle saques o maior rendemento non só ao teu peto, senón tamén ao teu tempo.

Anímate a redescubrir o comercio de proximidade da túa cidade ao tempo que desfrutas das mellores ofertas en servizos restauración, cultura, lecer, beleza e tempo libre a prezos superreducidos.

E o obxectivo?

O obxectivo é duplo, de cara aos usuarios:

e de cara ao pequeno comercio:

Cando estará dispoñíbel?

Buydeal lanzarase publicamente durante o terceiro trimestre de 2011 con presenza en tres cidades galegas.

Segundo avance o proxecto iremos dando máis detalles. Se queres estar ao tanto de todo, podes subscribirte ao noso feed RSS ou apuntarte no servizo de notificacións.

Se tes un negocio nalgunha das cidades galegas, podes poñerte en contacto connosco a través deste enderezo electrónico: [email protected]