Casa rural Lar Atlantis

Casa rural Lar Atlantis

Lar Atlantis é unha casa de dous pisos, 5 cuartos duplos, 3 baños, 2 salóns e cociña. *O océano pódese ver desde 4 cuartos e desde o salón*, onde poderás gozar dunha gran fiestra onde poder ver a marabillosa posta de sol. A contorna da casa é ideal para familias ou grupos de amigos, debido á gran cantidade de *espazos para saír a camiñar pola praia ou a montaña*. Fronte á casa está o monte "Tahume" no que se recomenda unha camiñada ata o cume logo de pasar pola "Ermida de San Benito" que queda de camiño. Desde a casa tamén hai dúas fermosas rutas ligadas á costa, unha cara a praia de "As Furnas", de camiño atoparán "As lagoas de Vixán" dunha gran riqueza ornitolóxica; e outra ata o faro de Corrubedo, o carreiro está sinalizado e a paisaxe é dunha extraordinaria beleza.

Ubicación

Casa rural Lar Atlantis
A Coruña
Serans-Basoñas Os Canidos s/n Porto do Son

como chegar?

Apúntate ao noso servizo de notificacións [1] e recibe os novos plans no teu enderezo electrónico (máximo 1 mensaxe ao día).