Xa tes unha conta en Buydeal? Inicia sesión ou Crea unha conta
Tes plan para hoxe?
Unha casa para ti e os teus amigos!
Buscas unha casa para ti e os teus amigos? Pois a atopamos en “A Costa da Morte”. Casa provista de 4 habitacións duplas (simples ou matrimonio), 2 baños completos e aseo, cociña completa (con inducción, horno-microondas, nevera, conxelador, lavavaxillas e lavadora) , tv e calefacción por chan radiante por enerxías renovables (sistema aerotérmico).
Esquécete de todo en “A Torre de Laxe”, unha peculiar aldea rural da emblemática Costa da Morte. Innovación, encanto e tradición que acollen con calidez e invitan a quedarse para sempre. Descobre un remanso de paz con vistas a Ría de Laxe e Corme, todo un espectáculo natural no que poderemos desconectar do mundanal ruído. O plan inclúe:
+ 2 Noites en casa Curuxa da Torre de Laxe con 8 prazas
+ Detalle de benvida (botella de cava + cesta de froita)
+ Saída tardía ás 14:00h
Percorre a misteriosa e preciosa Costa da Morte. Acantilados, mares embravecidos, portos pesqueiros e preciosas rutas para percorrer a pé...bonitos paseos marítimos espéranche!
como chegar?
perfil do establecemento
Apúntate ao noso servizo de notificacións [1] e recibe os novos plans no teu enderezo electrónico (máximo 1 mensaxe ao día).
Apúntate ao noso servizo de notificacións e recibe os novos plans no teu enderezo electrónico (máximo 1 mensaxe ao día).