Se es un amante da natureza, desfruta dos fondos mariños das nosas Rías. Achégate a un mundo case descoñecido!

restan:

Mercar por 19,00€ →

  • Tweet

Vive unha aventura mariña cun Bautismo de Mergullo!

O bautismo de buceo é o mellor xeito de comezar a experimentar o mergullo sen facer un curso.

En tan só unha tarde ou unha mañá, poderás vivir unha experiencia subacuática inesquecible explorando os nosos fondos mariños.

Ademais da equipación, recibirás un certificado emitido por Buceo Balea.

Gozarás ao grande nunha piscina natural dentro da mariña!

A letra pequena

  • Contarás cunha explicación teórica, onde recibirás as nocións básicas para o desenvolvemento desta actividade.
  • A actividade desenvolverase nun medio controlado.
  • Buceo Balea proporcionarache todo o material necesario para a actividade.
  • Recibirás unha acreditación do teu Bautismo de Mergullo.
  • Duración da actividade: aproximadamente 3 horas.
  • Pódese realizar calquera día da semana, sempre que se reúna un grupo de catro persoas.
  • Unha vez merques o teu cupón, cómpre concertar cita previa: 986 246 294 ou 630 437 625.
  • Tes 2 meses para consumir o teu cupón.

Apúntate ao noso servizo de notificacións [1] e recibe os novos plans no teu enderezo electrónico (máximo 1 mensaxe ao día).