A voar! Gozarás de inigualables paisaxes.

restan:

Mercar por 56,00€ →

  • Tweet

Vive unha experiencia de altos Voos! Voo biplaza en parapente ou paratrike

Os voos en biplaza ou tamén chamados voos en tándem son a forma máis sinxela de tomar contacto con este deporte. O pasaxeiro non é necesario que teña coñecementos previos só debe relaxarse e gozar desta marabillosa experiencia!.

O plan inclúe 15 minutos de instrución + 20 minutos de voo libre en biplaza (parapente ou paratrike o que escollas) + diploma acreditativo da actividade. A actividade desenvolverase nun punto de encontro de Orense, non entanto se reunes a un grupo de amigos de polo menos 10 persoas, “Parapente Ourense” desprazarase, e poderiades elixir en que sitio de Galicia gustaríavos realizar a actividade, e que paisaxe vos gustaría ver desde o aire. Unha oportunidade única!

Voarás cun instrutor que velará pola túa seguridade. Vive unha experiencia inesquecible! Pura adrenalina!

A letra pequena

  • O plan é válido por un Voo en biplaza en parapente ou paratrike de 20 minutos, 1 clase formativa duns 15 minutos, máis un diploma acreditativo.
  • 1 cupón por persoa. Non se necesitan grupos mínimos.
  • Se reunises un grupo de polo menos 10 amigos, “Parapente Ourense” desprazaríase para que puidésedes escoller onde realizar a actividade, e que paisaxes ver desde o aire de Galicia.
  • Voarás cun especialista sen percances na súa longa traxectoria profesional, e con seguro de cobertura, e coas máximas medidas de seguridade.
  • Suxeita a condicións meteorolóxicas.
  • Unha vez teñas o teu cupón e desexes consumilo, debes reservar no 652-095833.
  • Tes 3 meses para consumir o teu cupón.

Establecemento

Parapente Ourense
Ourense

Barrio de Barxés, s/n
CP:32899 Muíños Tlf: 652-095833
http://www.parapenteourense.com

como chegar?
perfil do establecemento

Algunha dúbida?

Chámanos ao 902 884 324 ou contacta connosco no enderezo e pregunta o que queiras.

Apúntate ao noso servizo de notificacións [1] e recibe os novos plans no teu enderezo electrónico (máximo 1 mensaxe ao día).