Deixa o coche aparcado e elixe a bicicleta por un día!

  • Tweet

Rutas Ciclointerpretativas polo Invernadeiro e a Limia... Explora a natureza!

Chegaches tarde! Este plan xa non está activo

Sabías que utilizando a bicicleta gañas en saúde, benestar e ánimo para a túa vida? O ciclismo é un dos deportes máis completos, xa que movemos, sen decatarnos, todo o noso corpo.

Por iso, ofrecémosche estas dúas rutas ciclointerpretativas, apto para todos os públicos e… descubrindo a natureza!:

+ A ruta do Invernadeiro desenvólvese no Parque Natural e combina a ruta en bici duns 20 km. cunha pequena camiñada de 4 km percorrendo o río Ribeira Grande.

+ A ruta da Limia combina a ruta en bici duns 27 km cunha pequena ruta a pé ata a fervenza do río Fírbeda, en Porqueira.

Nas dúas rutas fanse paradas interpretativas para o coñecemento dos valores naturais da zona.

FECHAS DISPOÑIBLES:

+ Ruta ciclointerpretativa da Limia: 9 de Xuño, 21 de Xullo e 11 de Agosto.
+ Ruta ciclointerpretativa do Invernadeiro: 30 de Xuño, 28 de Xullo e 25 de Agosto.

A letra pequena

  • O plan inclúe unha ruta ciclointerpretativa polo Parque Natural do Invernadeiro ou unha ruta ciclointerpretativa da Limia.
  • A actividade dura unha xornada.
  • Proporcionaranche bici, casco, alforxas, prismáticos e servizo de guía-intérprete.
  • Unha vez teñas o teu cupón reserva praza chamando ao: 616 667 446.

Establecemento

Bilurico
Ourense

Avda de las Caldas, 31, 2ºF
CP: 32001
www.bilurico.com

como chegar?
perfil do establecemento


Outras suxerencias

Apúntate ao noso servizo de notificacións [1] e recibe os novos plans no teu enderezo electrónico (máximo 1 mensaxe ao día).