Xa tes unha conta en Buydeal? Inicia sesión ou Crea unha conta
Tes plan para hoxe?
Ideal para os amantes da natureza! Descobre os beneficios das algas como alimento.
Galicia é un lugar rico en algas, e se escolles as adecuadas podes consumilas xa que teñen propiedades beneficiosas para a saúde. Descobre os seus segredos da man do profesor Xacobo de Touro Cacharrón, especialista do Master de Medicina Natural da Universidade de Santiago de Compostela, e na EMAC de Oporto e de Alvarella.
Con este plan, coñecerás as algas galegas no curso, que tera lugar cunha saída a baixamar nas inmediacións da localidade de Pontedeume o sábado pola mañá. Durante a saída, aprenderás a ecoloxía das algas mariñas e traballarás na detección “in situ” das algas de maior interese.
Tamén haberá obradoiros de cociña tradicional e oriental, e de elaboración de cosméticos baseados na talasoterapia. O plan inclúe:
+ Aloxamento en albergue de Alvarella de sábado a domingo
+ Pensión completa sábado e domingo
+ Curso de algas
O itinerario do curso de algas é:
Sábado 5 de Maio
9:30 Recepción en Alvarella.
10:00 Saída á baixamar para coñecer e identificar no campo as algas mariñas máis comúns.
13:00 Retorno a Alvarella.
13:20. Posta en común das principais especies vistas e recolleitadas na saída.
14:00-16:00 Xantar.
16:00-17:00 Usos tradicionais das algas.
17:00-18:00 Propiedades nutricionais das algas.
18:00-18:30 Parada para café.
18:30-20:00 Obradoiro de cociña con alga, confección de nori-makis e degustación dos pratos elaborados.
Domingo 6 de Maio
10:00 Propiedades terapéuticas das algas.
11:45 Parada para café.
12:15-14:00 Obradoiro de cosméticos con algas.
14:00-16:00 Xantar.
16: 00 Enquisas de satisfacción e despedida da xornada.
como chegar?
perfil do establecemento
Chámanos ao 902 884 324 ou contacta connosco no enderezo e pregunta o que queiras.
Apúntate ao noso servizo de notificacións [1] e recibe os novos plans no teu enderezo electrónico (máximo 1 mensaxe ao día).
Apúntate ao noso servizo de notificacións e recibe os novos plans no teu enderezo electrónico (máximo 1 mensaxe ao día).